A negociación non avanza

A negociación non avanza.
20 de Maio, 2020 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

O plantel de Noa Madera Creativa prepara movilizacións que deben afinar ben dado o estado de alarma sanitaria no que estamos. A negociación non avanza.

ESCOITA O PODCAST:

Os traballadores de Noa Madera Creativa son pesimistas despois da última sesión do periodo de consultas celebrada onte mesmo. Segundo o representante da CIG, Marcos Sánchez, “as asesoras da empresa din unha cousa, mentres o señor Antonio Patiño día outra” . Advirte o representante sindical que o que está claro é que a sección de metal, loxística e oficina técnica van desaparecer e que están diante da “penúltima estocada” desde que Malasa adquiriu Noa. As movilización en pleno estado de alarma sanitaria son difíciles. Afirma o repsentante sindical que “hai que afinar” pero están concretando xa novas movilización que non pode adiantar, porque teñen que defender os seus postos de traballo. O ERE anunciado destruiría a metade dos postos da empresa en Fene.

 

(Na imaxe, traballadores e traballadoras de Noa a finais de 2018, cando empezaron os problemas)

Sociedade

Publica o teu comentario agora