Negreira celebra as Festas de San Cristovo

Negreira celebra as Festas de San Cristovo

06 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

As mellores orquestras galegas daranse cita nas Festas de San Cristovo de Negreira. As celebracións arrincan este xoves 8 de xullo e prolongaranse ata o domingo 11. Os festexos desenvolveranse en dous escenarios. As actividades de día levaranse a cabo no parque do Coto e as actuacións nocturnas, no outro punto da vila, no Campo da Feira. A banda Ateneo inaugurará os actos cun concerto, este xoves ás oito do serán no parque do Coto. As orquestras “Nueva Generac

Música e deporte mestúranse o venres, festivo local en Negreira. Ás dez da mañá comeza o I Mundialito de fútbol 3 na pista polideportiva do parque do Coto. Cada equipo recibirá camisetas réplica das seleccións do Mundial de Sudáfrica. Haberá premios para o campión e subcampión, mellor xogador e máximo goleador do torneo. O pasarrúas “Veiga do Cotón” arrufará o ambiente e o grupo “Limón” amenizará a sesión vermut. Este mesmo grupo acompañará á afamada orquestra “París de Noia” na verbena nocturna.

A banda de gaitas “Airiños de Fene” e o grupo “Cabaret” porán a nota musical o sábado pola mañá. Tamén se levará a cabo a chamativa procesión motorizada das festas de San Cristovo de Negreira. Os vehículos engalanados farán soar as súas bocinas desde primeiras horas do día. Unha das citas que se agarda con maior expectación é a exhibición de artes marciais, unha das novidades deste ano segundo explicou Emilio Forján de Radio Negreira. Desenvolverase ás oito do serán na pista polideportiva do Coto. O mesmo escenario acollerá ás dez da noite, o XIII Festival Internacional de Folclore Vila de Negreira. A música continuará coa verbena nocturna a cargo das orquestras “Cabaret” e “Montes”.

Os festexos rematan o domingo coa Festa do Cabalo organizada pola Asociación de cabaleiros de Negreira. Levarase a cabo na explanada do instituto Xulián Magariños e incluirá a VI Festa Cabalar, o II Concurso Morfolóxico e a VI Ruta Cabalar.

Sociedade