Negro panorama para Navantia Fene o día 1 de xaneiro

Negro panorama para Navantia Fene o día 1 de xaneiro

12 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, acudíu a Ferrol, a 20 días do fín do veto de Navantia Fene e non puido por menos que describir o negro panorama que se presenta despois do 31 de decembro. Jorquera manifestou en Ferrol o seu paoio á cadea humana que cubrirá mañá sabado a ponte das Pías.

Segundo o portavoz do BNG no Parlamento Galego, a peor noticia que puido recibir o Naval foi a dependencia de Navantia de Defensa, porque así seguirá a súa limitación a facer buques para a Armada. Por iso Jorquera defende un cambio de orientación, que para el pasa pola creación dun Complexo Integral da Construcción Naval, na ría de Ferrol.

Francisco Jorquera fixo un repaso en Radio Fene á situación económica do noso país, un país acabado demograficamente porque hoxe son máis as persoas que viven das pensións e outras prestacións que as persoas activas traballando. Iso lévanos ao maior desatre como país. Francisco Jorquera manifestou o apoio á cadea humana que convoca a CIG mañá sabado na Ponte das Pías de Ferrol.

Na mesma conversa que reproducimos nesta nova, Jorquera fala da corrupción ou da violencia no futbol.

Sociedade