Nemésio Barxa: Non é un favor, senón xustiza

Nemésio Barxa: Non é un favor, senón xustiza

13 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O recoñecemento de Moncho Reboiras como víctima do franquismo non é un favor polo que haxa que dar as grazas, simplemente é un acto de xustiza, afirmou o avogado Nemésio Barxa nos actos conmemorativos dos sucesos acaecidos en Ferrol o 12 de agosto de 1975. A familia de Reboiras lembrou a camisa de cadros que vestía naquela tráxica xornada. Os tres furados das balas nas costas revelan a forma na que morreu o militante nacionalista no número 27

Arredor de 200 persoas participaron na homenaxe a Moncho Reboiras organizada pola Unión do Povo Galego. Dirixíronse aos asistentes, ademais de Nemésio Barxa, o secretario xeral da CIG Xesús Seixo e o ex deputado Francisco Rodriguez.

 

Sociedade