Nen a crise nen o mal tempo puideron co Queixo de Arzúa

Nen a crise nen o mal tempo puideron co Queixo de Arzúa

08 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Nen a crise nen o mal tempo puido coa Festa do Queixo de Arzúa. A vila veuse colapsada pola afluencia de vehiculos e visitantes a mediodia do domingo. A conselleira de Traballo Beatriz Mato foi unha das persoalidades que pasou por Arzúa. Desde o venres ata o domingo, numerosos visitantes se achegaron para gozar, coa música, as actividades e adquirir as diferentes variedades de queixos postos á venda no recinto feiral. Os empresarios amosáronse moi satisfeitos coas vendas,

Séchu Sende, escritor ligado á defensa da identidade lingüística e activista social e cultural do noso país, pronunciou o pregón o sábado e non deixou pasar a oportunidade para reivindicar o uso do galego e a súa promoción por parte da administración, “todos somos responsables de manter o noso idioma”, “é unha aventura emocionante ser galego falante”. Un discurso lúcido e cheo de poesía no que de forma especial homenaxeou ao Queixo de Arzúa.”O queixo é a mellor marca de toda a comarca”. O acto rematou coa fascinante actuación de Alba Lírica Gospel, que dunha forma divertida percorreu a traxectoria da música negra desde os seus comezos ata os nosos tempos.

O programa musical do sábado reuniu a miles de persoas para gozar das actuacións de Second e Rinôçérôse, os franceses cumpriron as expectativas e realizaron un incrible concerto no Campo da Feira, totalmente repleto de público.

O concurso de maquetas Queixo Maquetón celebrouse na Praza da Vila a partires das 18.00 h. Despois da actuación dos tres grupos finalistas: Willy Naves, Bongo Experience e Belöp, chegados desde Asturias, Galiza e Catalunya, respectivamente, o xurado fallou a favor de Bëlop que, xa como gañador do Queixo Maquetón 2010, protagonizou o último concerto da xornada á 01.30 da madrugada na Praza da Vila.

Sociedade