Nen metas nen límites

O Perlío feminino acude con gañas ao derbi co Maniños o domingo.
02 de Outubro, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Hai que adaptarse aos cambios na fórmula. Xogar con sete xogadoas no campo en vez de oito, leva o seu tempo de adaptación, afirma o técnico do Perlio. Os cambios producidos en todos os equipos fai que todos vaian un pouco a cegas na primeira xornada da copa.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío feminino está preparado para empezar a Copa este domingo 6 de outubro, e despois a Liga. Desde agosto adestra o equipo de Juanjo Lorenzo que ven de alzarse coa Copa Industriais que disputou ao equipo de As Pontes. O Perlío non sofre tantos cambios como o Maniños pero tamén tivo as súas baixas, maioritariamente debido a incompatibilidades laborais. Baixas foron, Cris, Natalia, Eva e Sofía (fichou polo Racing). E tamén fichou novas xogadoras. Son altas, Judit (rapaza moi noviña, de 13 anos), Uxía (procedente do Galicia de Caranza) e recuperan a María que estivo dous anos parada por culpa dunha lesión.

 

Todas teñen gañas de empezar e máis co derbi que as enfrenta ao Maniños, o vindeiro domingo ás 11,30h nos Pinares. Por gañas non será, segundo palabras de Juanjo Lorenzo. Recoñece que van un pouco a cegas polos cambios producidos no equipo contrario. Para o técnico do Perlio, que compartirá a dirección do equipo de novo con Conchi López e Fran Caldevilla, cambios como xogar con sete en vez de oito xogadoras no campo, requiren dunha adaptación. (Nostálxica imaxe do Perlío ao final da pasada temporada).

O Perlío feminino encara a nova temporada coa mesma máxima de sempre: “Non temos metas, pero tampouco límites”.

Deportes

Publica o teu comentario agora