Nen paralise, nen improvisación, afirma Iván Puentes

Nen paralise, nen improvisación, afirma Iván Puentes

30 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PsdeG PSOE asumirá o goberno de Fene en minoria, con 7 ediles dun total de 17. Non vai haber paralise, nen improvisación, afirmou en roda de prensa o alcalde socialista Iván Puentes, quen quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns do municipio.

Os concelleiros do PSOE asumirán as áreas de goberno que mañán deixarán vacantes os representantes do BNG, e o xoves se dará a coñecer a reestructuración do goberno. Iván Puentes tamén sinalou que se abre unha nova etapa en Fene, que estar´apresidida por moito “diálogo, entendemento e colaboración co BNG e coas restantes forzas políticas do Concello, xa que necesitaremos buscar a maioria para as cuestións importantes que requiren de aprobación plenaria”.
Iván Puentes fixo unha explicación sociolóxica da ruptura da coalición de goberno: “En Fene houbo un goberno de moitos anos do BNG,  e no 2007 o PSOE está chamado a liderar o cambio. Chocaron os intereses lexítimos socialistas para encabezar ese xiro na xestión municipal, coa intención tamén lexítima dos nacionalistas para manter un continuismo coa xestión anterior”. O alcalde compareceu diante dos medios de comunicación, acompañado do secretario xeral da agrupación socialista local Antón Noceda e do teniente de alcalde Jose António López

Sociedade