Nenos e nenas protagonizan o 25N en Ferrol e Neda

Nenos e nenas protagonizan o 25N en Ferrol e Neda

24 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Será nas dependencias do Torrente Ballester onde o Concello de Ferrol conmemore mañan, día 25 de novembro, o Día Internacional da Non Violencia contra a Muller. Unha xornada reivindicativa na que os nenos e as nenas de entre 9 e 11 anos serán os protagonistas. Desenvolveránse durante toda a maña -dende as 9.45 até as 13.30 horas- co alumnado de Primaria de catro centros de ensino da cidade: Recimil, San Rosendo, Jesús Mestro e Valle-Incl&aa

En Ferrol

Ás 10.00 horas comezará unha sesión de conta contos, que dará paso, a partir das 11.30 horas, á realización de obradoiros enfocados ao fomento da rotura de estereotipos de xénero con inclusión de actividades específicas en materia de igualdade e para as que se empregarán material plástico e audiovisual. Xogos, un taller de reflexión, charadas de emocións, mensaxes mentireiros, ruleta de palabras, fragmentos musicais e intercambio de rolos, son algunhas das actividades que se desenvolverán durante aproximadamente unha hora. A continuación, ás 12.30 horas, está programado un obradoiro de pintura creativa, no que os escolares elaborarán un mural xigante con debuxos reivindicativos en contra da violencia.

A xornada pecharase ás 13.30 horas, e neste acto de clausura está prevista a presenza da concelleira de Igualdade e doutros representantes municipais, que despedirán aos nenos e nenas cunha solta de globos. Ademais, ás 19.00 horas terá lugar a entrega de premios do “I Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero Concello de Ferrol”. Un total de 15 traballos se presentaron a este primeiro certame no que o gañador recibirá un notebook. Tamén haberá unha mención especial do xurado, e quen a leve será obsequiado cun álbum dixital.//////////////

En Neda

O concello de Neda conmemora o Dia Contra a violencia de xénero convidando a Compañia MariClown que pon en escea “Sen pecado concevida” Trátase da traxicomedia sobre Petarda Alba e as suas fillas Conchita e Purita.  A obra representase o venres 25 as 8,30 na casa da cultura de Neda.

O mesmo venres 25 ás 12 da mañán a área de igualdade convoca unha concentración diante do concello na que se dará lectura a diferentes textos de repulsa á violencia baixo o lema “Un xesto de agarimo contra a violencia” e no que participarán nenos-as dos colexios de Neda.

Sociedade