Neste momento o futbol é secundario

Neste momento o futbol é secundario
17 de Marzo, 2020 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

"O tema deportivo agora é secundario. O futbol é un deporte e hai cousas agora mesmo máis importantes" afirma o directivo do Cultural Maniños, Alfredo Fernández.

ESCOITA O PODCAST:

Quedan once xornadas para rematar a liga na segunda autonómica. É unha incógnita saber cando se vai reanudar e como. Por iso Alfredo Fernández non pode prantexar ningunha hipótese. Todo depende, dí, de cando volvamos entrenar. No futbol profesional barállase a posibilidade de facer válido o resultado no que quedou o final da primeira fase ou si dará tempo a apurar a segunda, máis cando acabamos de saber que a Eurocopa adíase ata o verán de 2021. Pero, afirma Fernández, "nos somos os últimos da lista e non estamos en condicións de apurar os partidos tal e como están os nosos campos".

Cando lle preguntamos que preferiría, o directivo do Maniños contesta que é como preguntarlle se quere máis a papa ou a mamá. Pero se atreve a decir que perder o ano sería moi difícil para os clubs e quizás o máis lóxico ou o menos malo sería a validez dos resultados da primeira volta porque xa xogaron todos contra todos. Nesta solución si que hai antecedentes. En todo caso terían que ser os gabinetes xurídicos da federación os que terían que intervir. "Os xogadores do Maniños saben que teñen que facer na súa casa o que podan aínda que é complicado", afirma Fernández, quen insiste en que "a situación xeral é tremenda" porque xenera moita incertidume.

Deportes

Publica o teu comentario agora