A neve complica o tránsito na montaña luguesa.

A neve complica o tránsito na montaña luguesa.

20 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

As máquinas da Deputación de Lugo abren o paso a medio cento de persoas atrapadas no Piornedo pola neve. O organismo provincial desprazou á zona varias quitaneves, ás que foron seguindo os afectados ata A Degrada, onde puideron continuar co seu traxecto xa en solitario. Dende as 6:00 horas da madrugada do domingo, a institución luguesa mantén en alerta e despregado por toda a provincia un dispositivo composto por máis de 100 máquinas e 60 veh&iac

As máquinas da Deputación abriron o paso a medio cento de persoas, atrapadas en establecementos hostaleiros do Piornedo, no Concello de Cervantes, con motivo da neve. O organismo provincial desprazou á zona varias quitaneves, ás que foron seguindo os afectados ata A Degrada, onde puideron continuar co seu traxecto xa en solitario.

Os máis de 100 operarios e 60 vehículos que mobilizou a institución luguesa para despexar as comunicacións viarias tamén actuaron no Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Samos e Quiroga.

Este dispositivo arrancou a súa actividade ás 6:00 horas da madrugada, conseguindo despexar todas as estradas provinciais, que están abertas ó tráfico. Recoméndase o uso de cadeas, especialmente, en Pedrafita do Cebreiro e Folgoso do Courel.

Os operarios e máquinas da Deputación continúan en alerta e desprazados por toda a provincia para seguir atendendo posibles emerxencias.

Sociedade