Ninguén lle regalou nada

Ninguén lle regalou nada
11 de Novembro, 2019 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

A pesar de xogar mellor na primeira parte, o Maniños tivo que asumir o gol do Pote nunha segunda metade na que o equipo estivo máis frío. Cultural Maniños 0 -1 O Pote.

ESCOITA O PODCAST:

O Cultural Maniños resultou perdedor no choque co Pote da Segunda Galicia de fútbol e iso que na primeira parte foron mellores, en palabras do seu técnico. No descanso o equipo enfriou un pouco e para colmo o tempo estaba fatal, engade Pablo Mesa. Na segunda parte un erro custoulles o gol. O Maniños pensa xa na próxima xornada contra o Meirás, un partido que afrontarán sen tensión porque os rivais tamén están practicamente clasificados.

Ata aí o xogo, despois Pablo Mesa quixo sair ao paso dalgunha "mentira que a forza de repetirse parece unha verdade". Deixou claro que O Pote non é filial do Maniños, senón un equipo distinto, un rival máis. Recorda Pablo Mesa que O Pote levaba 14 puntos na competición antes de sumar os tres de onte. Recordou que O Pote chegou a estar de lider e por riba do Maniños. E engadiu que o seu equipo entrenou o martes, xoves e venres da pasada semana, a pesar de non xogarse nada. "Non permito, dixo, que se dude deles nin de min" sentenciou.

(Na imaxe, Mato e Roi)

Deportes

Publica o teu comentario agora