Ninguén nos pintou a cara

Ninguén nos pintou a cara
09 de Marzo, 2020 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote promete. Tres puntos serviron de premio para o esforzo dos xogadores. Na Segunda Galicia de fútbol, O Pote 2 -1 Galicia de Mugardos B. Rematou a primeira volta, e “ninguén nos pintou a cara, non sufrimos grandes goleadas e competimos todos os encontros” afirma o adestrador Manuel Freire. Intentar ter un pouco máis de efectividade é o reto para a segunda volta da Liga.

ESCOITA O PODCAST:
O Pote. Segunda Galicia de fútbol

No encontro co Mugardos, Freire recoñece que o Pote tivo algo de fortuna. A vindeira xornada, comeza a segunda volta e O Pote xoga co Cultural Maniños. Comparten campo, foron filiais e o Maniños disputa a primeira praza co Perlío. Pero o adestrador do Pote non desbota a sorpresa.

Deportes

Publica o teu comentario agora