No ascensor xa non se fala do tempo

No ascensor xa non se fala do tempo
01 de Abril, 2020 - 11:07 h. | Publicada por Radio Fene

Viaxar sos no ascensor e non tocar sen luvas son as principais medidas adoptadas para un sector que sigue traballando no mantemento de montacargas, ascensores e escaleiras mecánicas.

ESCOITA O PODCAST:

Os ascensores e escaleiras mecánicas teñen que seguir funcionando no medio desta situación de alarma sanitaria, porque hai ascensores nos hospitais, nas residencias de anciáns e nas nosas comunidades de vecinos. Así que os ascensores, montacargas ou escaleiras mecánicas funcionan se funciona o servizo de mantenemento, asegúranos a presidenta de AEGA (Asociación Empresarial Galega de Ascensores) Ángeles Ríos. “porque é un servizo especial e non pode pararse, porque deben estar disponibles”, afirma.

Por suposto, a asociación que engloba ao 95% das empresas galegas do sector, ten presente, mentres dure esta crise sanitaria, unha serie de recomendación que deben respectar os usuarios:

. Non premer os botón ou tocar os elementos de suxeción do ascensor ou das escaleiras mecánicas sen levar postas as luvas. De non contar con elas, procurar utilizar outro elemento de protección das mans.

. Viaxar sós para gardar as medidas xerais de seguridade que recomendan manter distancias como mínimo dun metro entre as persoas. No caso das escaleiras mecánicas, explica Ángeles Rios, a norma establece unha distancia de seguridade de catro escalóns. AEGA recomenda, na medida do posible, subir e baixar escaleiras ás persoas que podan facelo. Isto repercutirá positivamente na menor afluencia nos ascensores e na saúde de quen está encerrado na casa e debe moverse.

Mentres dure esta situación excepcional, a presidenta de AEGA traza dous obxectivos para as empresas do sector; tentar manter unha alta disponibilidade dos equipos para evitar o maior número de incidencias, e coidar da saúde dos técnicos de mantenemento. Conta Ríos que ao principio, cando non dispuñan dos medios adecuados e o xel hidroalcohólico escaseaba, dispuxeron nos veículos dos técnicos unha garrafas con auga e xabrón. Máscaras xa tiñan porque é habitual o seu uso para evitar o po. "Cando a situación o require, hai que ser autosuficientes" sentencia Ángeles Ríos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora