No Centro Social de Fene volverá funcionar a cociña e a cafeteria

No Centro Social de Fene volverá funcionar a cociña e a cafeteria

03 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Xunta de Galicia aceptou o orzamento fixado para a habilitación da cociña do Centro da terceira idade. O Delegado territorial púxose en contacto co alcalde de Fene para transmitirlle que se procederá á adxudicación das obras. Gumersindo Galego anuncióu a boa nova no transcurso do pleno celebrado en Fene na tarde de onte, cando se presentou a moción asinada polo PSOE e EU en relación coa situación do Centro Social. A Moción

O Pleno acordou cos votos de PP e PSOE a adhesión á Axencia de protección da legalidade urbanística, polo que dende agora será a Xunta de Galicia a que xestione as irregularidades que se cometan. A portavoz do grupo popular, Rocío Bértoa,  defendeu que no concello hai un caos que se arrastra de anos atrás e que nunca dan tramitado o expediente sancionador. A adhesión será polo período dun ano e o custo para o concello será o 50% do recadado.

O BNG opúxose alegando que a Axencia está pensada para concellos pequenos que non deispoñen de técnicos suficientes, e iso non é o caso de Fene, afirmou o portavoz nacionalista. Unanimidade houbo en cambio para que sexa a deputación quen cobre ás taxas ás empresas que explotan a telefonía movil no termo municipal. Estiman que son uns 60.000€ o que pode recadar Fene por ese concepto.

Menos o PP, que se abstivo, apoiaron todolos grupos a mocion do BNG contra a subida da Contribución. Prosperou tamén a iniciativa do bloque contra a suba das tarifas nas escolas infatís. Un incremento escandaloso, segundo manifestou Manuel Polo, dun 50%  na taxa mensual que pasa de 110 a 160 e dun 100% nos comedores que pasaría de 33 a 70€. A portavoz do PP explicou que a subida se aplicará ás rendas máis altas e defendeu a necesidade do incremento para garantir a viabilidade do sistema.

No apartado de rogos e preguntas os grupos da oposición coincidiron en cuestionar a dirección única aplicada ao camiño de Casanova e pediron ao concello que atenda as reclamacións dos veciños e se faga un estudo máis profundo contemplando outras alternativas. Mesmo o presidente da AVV de Fene, Manuel Feal, interviña ao remate do pleno pedindo que se anchee o camiño e que volva a ser de duas direccións. O grupo socialista pedíu explicación dos gastos que suporá a nova edición do Premio de novela Blanco Amor do que será sede. Puentes propuxo que con ese gasto se podería pagar o autobús para transportar ao alumnado do Ramo e dos casais á piscina municipal para participar no programa de natación escolar.

Tamén reclamou o grupo socialista que se solucionen os fallos da rede wiffi nos espacios públicos. O concelleiro de servicios, informou dos camiños que se executarán dentro do PIMR . Dous en San Marcos, o da Curbeira e Coto do Rei. En Limodre o de Areosa e en Barallobre os da Pomba e Romariz.

Sociedade