Noceda: a veciñanza escollerá as obras de Fene

Noceda: a veciñanza escollerá as obras de Fene

16 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A área de servizos co apoio da policia local atenden os desperfectos que poda causar o temporal de auga e vento durante esta xornada. Hoxe falamos con detenimento das áreas de obras e servizos do concello de Fene co edil responsable da mesma, o portavoz socialista Antón Noceda quen antes de nada falou de normalidade nas relacions de goberno do tripartito. O que máis quere destacar o edil socialista é que, unha vez solventadas as obras que quedaron pendentes do gobern

Co inicio do curso escolar, o edil de servizos visitou os centros escolares e estes días se estiveron poñendo a punto naquelas necesidades máis inmediatas. Outra cousa son as obras de maior calado que precisan e que son responsabilidade da Xunta. Por iso está pendente dunha reunión co Xefe de Territorial a fín de subsanar as deficiencias que pasan polas cubertas dos edificios escolares, a cubrición de pistas ou as fachadas da Xunqueira e Os Casais. As instalacions de auga e calefacción son outras deficiencias detectadas.

A área de Benestar, tamén atendida polos grupo socialista, quere na nova etapa adaptarse aos tempos e dimensionala conforme aos problemas de hoxe. O principio que rexerá esa actuación pasa, segundo Noceda, por defender os dereitos públicos e non pola beneficencia e caridade.

O grupo socialista defenderá no próximo pleno municipal medidas concretas para que o concello de Fene, como os demais concellos galegos, estean á altura na acollida aos refuxiados sirios que fuxen da guerra e da morte segura.

Sociedade