Noel Blanco: "Vexo máis intensidade na reivindicación de dereitos laborais e cidadáns"

Noel Blanco: "Vexo máis intensidade na reivindicación de dereitos laborais e cidadáns"
27 de Decembro, 2019 - 11:23 h. | Publicada por Radio Fene

Noel Blanco foi estudante no IES de Mugardos e na actualidade é profesor de literatura medieval na Universidade de Chicago nos Estados Unidos. Colaborou con Radio Fene na súa xuventude. De vacacións en Galicia, falou con Anxos Garcia Fonte sobre os estudos universitarios e en torno ao momento actual que se vive no mundo.

ESCOITA O PODCAST:
Anxos García Fonte e Noel Blanco

Noel Blanco recoméndanos a lectura de “Entre el mundo y yo”, o libro do xornalista estadounidense Ta-Nehisi Coates onde o autor reflexiona sobre a realidade que se vive actualmente nos Estados Unidos. Aborda temas universais como a discriminación, a desigualdade e o activismo necesario para combatelos. Para Toni Morrison, premio Nóbel de Literatura, é unha lectura obrigatoria sobre o que significa ser afroamericano en USA e a  perda de dereitos civís deste segmento da poboación.

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora