Non hai entradas

O Auditorio de Ferrol acolle o XXVII Festival da Mocidade coa Língua
11 de Abril, 2019 - 09:13 h. | Publicada por Radio Fene

MJPérez será a encargada de pechar o festival que será gravado en vídeo por Producciones Cuerda Floja".

O XXVII Festival A Mocidade coa Língua reunirá mañá en Ferrol a nove grupos musicais procedentes dos institutos da comarca, no Auditorio ferrolán. Xa non hai entradas. Agárdase a asistencia de máis de 700 estudantes no recinto, entre as 10 da mañá e as 13h.

O grupo Arredemo do IES de Fene será un dos que suban ao escenario xunto aos dos institutos ferroláns, de Neda e de Narón. Estarán Erro 404 e RAP-azas do CPI ATios; Mek e Trefes do Tirso; Coro Solidarium e Valentina Barriga do Terra de Trasancos; Os Combinantes do Carvalho Calero; Indianos do Fernando esquío e o Son do Sofía, do IES Sofía Casanova de Ferrol.

A cantautora MJ Pérez será a convidada este ano para pechar o festival que promove o uso do galego.

Cultura

Publica o teu comentario agora