Non hai forzas absolutas que dominen a vida das persoas

Non hai forzas absolutas que dominen a vida das persoas
30 de Marzo, 2020 - 10:03 h. | Publicada por Radio Fene

A última novela de Berta Dávila "Carrusel" obtivo o Premio Garcia Barros 2019. Coa autora falamos no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

.

“Carrusel” a última novela de Berta Dávila conta a historia dunha escritora que atravesa una crise creativa. Decide escribir un relato da súa vida para atopar sentido ao seu pasado marcado pola doenza mental que padece.  Indaga na historia familiar e persoal, pescuda na súa maternidade. Pretende así entender o futuro. Dáse a casualidade que nas dúas novelas, Carrusel e O derradeiro libro de Emma Olsen, a protagonista é unha escritora. Dávila explica que non sabe a qué se debe. Probablemente a que cada quen escribe sobre as súas preocupacións e sobre o seu mundo. Confesa que non fai apostolado á hora de escribir sobre enfermidades mentais. “Sentei a escribir esta historia porque me importa desde o punto de vista literario” pero comprende que hai historias que relatan parcelas do mundo que están silenciadas ou provocan estrañeza.

Dávila defende a división da literatura en xéneros porque “é unha estratexia útil”. Recoñece que a algúns autores dilúenos, pero na súa literatura hai unha diferencia clara entre a poesía, a literatura para rapazada ou a narrativa. Quizás, recoñece, “a miña poesía é moi narrativa e, ao contrario, a miña narrativa ten moito de condensación de significado, influenciada pola poesía”. A autora e a protagonista de Carrusel naceron o mesmo día,  31 de decembro. Trátase dun argumento literario, explica a autora dunha novela que escollemos para o noso clube de lectura.

Berta Dávila (Santiago de Compostela 1987) Recibiu o premio de Narrativa Breve Repsol en 2013 por O derradeiro libro de Emma Olsen, obra que obtivo el Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Agora, con “Carrusel” obtén o Premio García Barros 2019. Esta é a novela da que falamos en Radio Fene Radiofusión coa autora, no club de lectura no que participan Esther Val, Andrés CM Riveira e Henrique Sanfiz

Cultura

Publica o teu comentario agora