Non hai médicos

A revisión do PXOM porase a andar en Fene ainda que o proceso superará, con toda probabilidade, este mandato
08 de Outubro, 2019 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Gumersindo Galego quere vovler á recadación directa das taxas municipais desde o concello. O proceso require da creación de prazas para ese servizo.

ESCOITA O PODCAST:

O goberno do PP quere volver á atención directa á veciñanza no cobro das taxas que hoxe en dia se fai a través da Deputación co trastorno que iso comparta ás veces á xente. Gumersindo Galego afirma que se poñen un prazo para facelo xa que hai que crear unhas prazas ao efecto porque o servizo de tesourería municipal ten moitísimo traballo. Este reflexión ven a conto da ordenanza nº 19, a do saneamento da ría (EDAR) porque o PSOE botoulle en cara ao PP que non a deu cobrado. Defendeuse Galego alegando que foi o goberno do BNG quen retrasou o cobro cando gobernou, desde marzo do 2015 ata xullo de 2018.

O alcalde de Fene e representantes dos grupos da corporación reuniranse mañá ás duas da tarde co Xerente da Área Sanitaria da zona para explicarlle a situación pola que atravesa o centro de Saúde do Tarrío que estivo varios dias sen pediatra porque non se sutitúen as baixas. Galego insiste en que é un problema de índole estatal porque "non hai médicos".

No espazo As Foxas de Radio fene, o alcalde fenés falounos tamén do PXOM cuxa revisión anual ten unha subvención para o abono dos honorarios do equipo redactor. O primeiro paso será unha reunión co equipo e a elaboración dun calendario de traballo; outra coa Secretaría municipal e os técnicos municipais, para crear unha comisión especial formada por todos os grupos para ver qué se fai. En palabras de Gumersindo Galego, probablemente o proceso supere este mandato.

Co alclade de Fene falamos doutros temas que poden escoitar na entrevista que acompaña esta nova.

Institucional

Publica o teu comentario agora