Non hai pintura

Non hai pintura
11 de Xuño, 2020 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

A pintura e os barnices escasean. Venderonse durante o confinamento e agora as empresas fabricantes que estiveron pechadas con ERTES non dan feito. Jorge Permuy de Comercial Comasa Maniños explícanos as razóns.

ESCOITA O PODCAST:

Pintura, barnices, masilla, emplastes…son productos que escasean estes días nos negocios que se dedican á súa venda. É o caso de Comercial Comasa. Durante os máis de dous meses do confinamento as instalacións de Maniños (Fene) permaneceron abertas e esgotaron todo o que ten que ver cos retoques nos interiores das casas. Afirma Jorge Permuy, ao frente deste negocio xunto do seu irmán, “a xente tirouse a este tipo de amaños nas casas para matar o tempo” . Qué ocorre agora? que a maioría das empresas que os sirven estiveron pechadas con ERTES e agora non dan feito. A maioría das fábricas están en Cataluña ou en Pontevedra pero non poden facer as pinturas pola falta dun dos componentes que ven de fora. Así que “toda esa cadea rompeuse e daí a escasez dese tipo de productos que está a facer que a desescalada estea resultando rara”.

Comercial Comasa decidiu permanecer aberta durante toda a pandemia a pesar de que os primeiros días todo era incertidume. “Falamos con todos os organismos oficiais e non sabían que decirnos, así que nós acollímonos á orde que permitía vender a autónomos e profesionais e as vendas funcionaron moi ben. Ademais Comasa puxo en marcha un servizo a domicilio polas tardes que tamén resultou, porque a xente temía sair da casa. Un servizo que siguen mantendo aínda que diminuiu nas últimas semanas desde que os clientes xa poden sair con normalidade.

O tipo de productos que se venden agora na desescalada son os relacionados co xardín. “Antes a xente ocupouse do interior e agora que ven o verán, do exterior” aclara Jorge Permuy. Mangueiras, terra, tarimas, etc, son agora os productos estrella que vende Comasa que recuperou o horario habitual. Queda solventar o problema de abastecemento porque hai só 15 dias que abriron as empresas e os comerciais non dan abasto. "A distribución en xeral vai lenta porque primeiro atenden as grandes áreas comerciais e despois a nós" dí Jorge, resignado. Comasa ten unha segunda tenda na avenida Marqués de Figueroa en Perlío.

Sociedade

Publica o teu comentario agora