Non hai receitas máxicas

Non hai receitas máxicas
13 de Novembro, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os menores non poderán consumir bebidas enerxéticas en Galicia cando entre en vigor a lei que está en tramitación. O psicólogo e graduado en Ciencias do Deporte José Barcia advirte das consecuencias do consumo destas bebidas pola xente moza. “Normalizouse o consumo combinado con alcol, algo que é altamente prexudicial”. Tamén alerta sobre o consumo de cocaína e esteroides anabolizantes.

 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Aumentan os infartos entre xente de trinta anos por facer deporte baixo os efectos da cocaína. As enfermidades cardiovasculares seguen sendo a primeira causa de morte en Galicia e no mundo. Tamén o consumo de esteroides anabolizantes ten serias consecuencias para a saúde. Parece ser que comezaron normalizarse nos ximnasios na busca de cambios rápidos a moi curto prazo, advertiu Barcia. “Non hai receitas máxicas”. “O camiño rápido non soe ser o máis seguro”. “Todo é un proceso”. Gozar del e fuxir das comparacións aconsella o especialista en saúde e benestar.

 

 

Imaxe: Campo de fútbol de Limodre (Fene)

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora