Non hai unha causa única do accidente, segundo Xan Carlos Fernández

Non hai unha causa única do accidente, segundo Xan Carlos Fernández

26 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Un accidente ferroviario da magnitude do producido en Santiago de Compostela nunca se debe a unha única causa, afirma o autor do libro O camiño de ferro en Galicia, Xan Carlos Fernández. Para o experto no mundo do ferrocarril tivo que sumarse a un fallo humano tamén un mal funcionamento dos sistemas automáticos de seguridade.

O tramo da via ferroviaria onde se produciu o accidente carece do ERTMS, un sistema automático que permite controlar a velocidade dos trens e evita sobrepasar en cada lugar os límites establecidos. En Angrois existe o ASFA, sistema máis antigo que só envia ao maquinista un aviso da superación das velocidades permitidas, pero sen executar o freado automático.

Sociedade