Non logrou apagar ao contrario

Non logrou apagar ao contrario
05 de Novembro, 2018 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños non logrou apagar ao Cedeira en partido de fútbol da Primeira Galicia xogado nunha tarde fría e chuviosa no campo do Beco. O equipo local marcou o primeiro e único gol no minuto catro. "Eles empezaron o partido con máis intensidade e máis entrega e nós non soupemos ler o partido" afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Tono Santos

Na primeira parte o Maniños non ofreceu a súa clásica imaxe de conxunto batallador. Na segunda, unha expulsión no minuto setenta e un puxo as cousas ainda máis dificiles. O equipo do Pote suma ás baixas de Ángel, Javi González e Casteleiro, a lesión de Javi Martínez, co que o adestrador non sabe con que xogadores poderá contar para a vindeira xornada, cando recibirá no Pote, ao potente Betanzos. Os "gharelos", por presuposto e por xogadores, están chamados a loitar polo ascenso de categoría.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora