Non podemos esperar

Non podemos esperar
18 de Decembro, 2019 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

Cero plásticos. Ese é o lema dunha campaña na que traballa o colexio Jorge Juan de Perlío. As aulas do centro educativo propoñen lemas para desenvolver unha campaña publicitaria con ese obxectivo. A Jorge traballa ademais para reducir os residuos que xenera. Cambiar as botellas de plástico por garrafas reutilizabeis. Eliminar o papel de aluminio para os bocadillos. Son algunhas das intencións do colexio. No primeiro trimestre puxeron en marcha xa unha iniciativa denominada “Enrédate co lixo”. Unha brigada recollía aula por aula os residuos e os depositaba nunha rede.

ESCOITA O PODCAST:
A comunidade educativa implicada contra o cambio climático

A cada aula se lle pon un reto e unhas calificacións. Hai unha brigada denominada “Os desplastificadores” segundo explicaron en Radio Fene as alunas Andrea Martínez, Martina Bouza, Lara Rodriguez e o profesor Emilio Vilariño. No fondo latexa a convicción da urxencia de medidas que sexan quen de frear a contaminación e o cambio climático. Non podemos esperar.

Sociedade

Publica o teu comentario agora