Non podemos permitirnos quedar sen servizos

O barrio fenés de San Valentín cumpre 50 anos no 2021.
15 de Decembro, 2020 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

Marchou Mercadona, Abanca amaga con pecher a oficina. O barrio fenés de San Valentín non pode permitirse peder mais servicios agora que estaba renovando a súa poboación con novos inquilinos e a punto de cumplir os 50 anos de vida.

ESCOITA O PODCAST:

Mercadona pechou o pasado 28 de decembro a súa área comercial no barrio fenés de San Valentín. Algunha protesta veciñal deixouse oír e o CPS de San Valentín tentou algunha xestión, pero nada puido frear o traslado do supermercado á área industrial de Vilar do Colo. Segundo manifesta o presidente desta entidade veciñal, Juan Miraz, algunha firma de alimentación manifestou a súa intención de instalarse no barrio pero non hai baixos o suficientemente amplos para ese fin. O problema ademais é que, ao parecer, Mercadona seguirá pagando o alugueiro do local que deixou durante o tempo da concesión, impedindo así a chegada doutras firmas a esas instalacións.

A chegada de Mercadona ao barrio propiciou o peche de cinco negocios relacionados coa alimentación. Cita Miraz, unha peixería, dúas carnicerías e unha tenda de ultramarinos. “Agora quedamos sen nada, sen un servizo fundamental” asegura o presidente do CPS quen aclara que o economato só presta servizo aos traballadores de Navantia e a xente que chega de novo ao barrio non pode acceder a el. Mercadona era un reclamo que podía atraer xente nova ao barrio ademais que facilitar a vida á xente maior, que é moita, que vive en San Valentín.

Abanca, outro cantar.

Despois de frear un primeiro intento de peche da oficina de Abanca ubicada en San Valentín, volve haber movementos nese sentido. Recolléronse 300 sinaturas  entre os clientes para demandar o cumprimento do acordo acadado no 2017 entre a propia entidade financieira, o CPS e o concello de Fene, polo que a oficina permanecería no seu lugar. Segundo manifesta Juan Miraz, a crise sanitaria da Covid19 e o tele traballo serven de desculpa para amagar de novo co peche. “Aseguráronnos que cando remate a Covid19 volverase á normalidade” di Miraz. No punto de mira está que a oficina de San Valentín funcione no futuro como unha “oficina rápida” para xestións sinxelas, de nove da mañá a cinco da tarde.

Mentres, a vida do CPS continúa como a dos demais, padecendo as consecuencias da pandemia que impediu retomar as actividades de ioga ou manualidades que se impartían no centro social. “non podemos arriscarnos” declara o presidente. Víronse na obriga de suspender o cobro das cotas aos socios e socias ou de perdoar o cobro do aluguer aos concesionarios da cafetería do centro. E o que é peor, víronse na obriga de suspender as actividades que programaran no mes de febreiro para celebrar o 50 aniversario da entidade no 2021. De momento quedan adiadas pero pretenden recuperar a celebración do patrón no mes de xullo. De momento os socios e socias do CPS probarán sorte coa lotería de Nadal adquirida pola entidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora