Non somos superherois

Non somos superherois
27 de Maio, 2020 - 01:25 h. | Publicada por Radio Fene

Os sanitarios non se consideran superherois. O psicólogo José Barcia fálanos da síndrome do superheroi como unha consecuencia psicolóxica que poden sofrir os sanitarios e outros profesionais aos que se lles esixe salvarnos.

ESCOITA O PODCAST:

Existe a síndrome do “Superheroi” que o noso psicólogo José Barcia trae a colación para explicarnos as consecuencias psicolóxicas que pode reportarlles aos profesionais da sanidade e a outros colectivos que fumos calificando de herois ao longo da alarma sanitaria. Eles mesmos non queren ser herois e nós non debemos consideralos como tais, polo seu propio ben. Unha cousa é aplaudirlles cada día ás oito da tarde para recoñecer o seu esforzo e entrega e outra que os fagamos sentir herois porque iso significa impoñerlles unha maior responsabilidade, unha presión e un estrés que supera a súa condición humana. “Supón que os sometemos a unha sobreexposición ao sufrimento”, afirma Barcia. Un heroi está obrigado a salvarnos e pon o exemplo de cando ao principio da crise os profesionais da sanidade non dispuñan de epis nin dunha boa protección pero, aínda así, se lles pedíu un esforzo superior ao que supón o seu traballo. Víronse indirectamente obrigados a afrontar a situación arriscando as súas vidas. “Se os consideramos herois quere decir que non lles permitimos equivocarse, ou sufrir ou ter medo”, sentencia José Barcia, preocupado polas consecuencias psicolóxicas que conlevará esa consideración para os sanitarios e outros colectivos que estiveron en primeira liña da pandemia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora