Non sulfatar

Non sulfatar

16 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non sulfatar. Ese pode ser considerado o primeiro mandamento da agricultura ecolóxica. Segundo o enxeñeiro agrónomo Xan Pouliquén, a natureza ten equilibrios naturais, que é preciso respeitar. Advirte o técnico que "a contaminación por nitratos tarda moito tempo en notarse, pero hai zonas nas que xa non se poden facer pozos, porque as augas presentan altos niveis de contaminación".

Pouliquén explica o auxe da agricultura ecolóxica, pola "crecente preocupación polo que se come, demándase maior seguridade do que se mete no estómago e medra a preocupación tamén polo medio ambiente". Segundo o técnico agrícola, "a horta da casa, unha parcela de cultivo ou un prado, son anacos da natureza. Se queremos colaborar coa natureza, debemos tentar imitar ao máximo posibel o que pasa de xeito natural.

Xan Pouliquén, é un dos monitores do curso sobre agricultura ecolóxica que a vindeira semana comeza no Concello de San Sadurniño (A Coruña). É o autor do libro Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo. (Baía edicións. 2005).

Sociedade