Non teño dono

O concello de San Sadurniño pecha o sabado os actos do 8 de marzo
28 de Marzo, 2019 - 11:36 h. | Publicada por Radio Fene

San Sadurniño pon o punto e aparte á conmemoración do 8 de Marzo, Dia da Muller este sabado na Casa da Cultura. A área de Igualdade preparou un programa que arrancará  ás 18.00h con dúas curtas do Chanfaina Lab -unha delas con coreografía ao vivo da Asociación Brío. Trátase de "Dereito a sermos vellas" e " Non teño dono". Tamén actúan as Batukeiras de Ferrolterra e represéntase a obra "Matrioskas", da compañía Charlatana.

Tamén se presenta a Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.

A mesa é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados directa ou indirectamente na loita contra a violencia de xénero. Dela forman parte representantes políticos e técnicos do Concello, o responsable de coordinación do Centro de Saúde, o sarxento da Garda Civil e a orientadora do CPI. Os seus obxectivos son varios, pero entre eles destaca o traballo para detectar de forma anticipada casos de violencia de xénero, afondar na prevención, artellar mecanismos que axilicen a atención e acompañamento das vítimas, incidir na protección das que se atopen en situacións de alto risco e tamén informar e sensibilizar tanto a profesionais como á poboación en xeral.

O último evento programado con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, desenvolverase na Casa da Xuventude o venres 12 de abril ás 20.00h. Presentarase “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión” de Carme Adán .

Sociedade

Publica o teu comentario agora