Non tiveron o dia

Monfero 2- Maniños B 0
08 de Abril, 2019 - 11:16 h. | Publicada por Radio Fene

O encontro empezou ben para o ManiñosB e tamén nos últimos minutos arriscaron pero no medio cometéronse erros e fallouse un penalti. Todo sumou en contra.

ESCOITA O PODCAST:
Exposicion Maninos

O Maniños B non gozou da mesma sorte fronte ao Monfero co que perdeu 2-0. Quizás foi o partido máis frouxo do equipo, recoñece o técnico do Maniños B, Manuel Freire. Empezaron ben pero non souperon definir. O campo ía rápido e os do Maniños imprecisos.

Aínda que a primeira parte estivo igualada, un erro na saída do balón custoulles o segundo gol en contra, e fallar o penalti que os tería metido no partido, tampouco axudou. Os erros e a mala sorte aliáronse, segundo o técnico, Manuel Freire.

Nos últimos minutos xogaron e arriscaron pero non tiñan o día para definir. Na próxima xornada o Maniños B recibe ao Vilarmaior, un equipo moi similar ao Monfero. Xogan replegados e atentos ás contras, onde son perigosos. O Maniños B ten que atopar o antídoto.

(na foto, exposición " Valor e mestría. Galicia como fútbol" na Cidade da Cultura. Santiago de Compostela)

Deportes

Publica o teu comentario agora