A normalidade despois do colapso

A normalidade despois do colapso

03 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O sol do meiodia restableceu parcialmente a normalidade nas estradas de boa parte de Galicia. A AP 9 e a A 6 foron dúas das vias de comunicación polas que non se podía circular ou se facía con moita lentitude. Houbo incidencias en máis de 50 viais con varias colisións en cadena e moitos lugares aillados. Protección Civil recomenda evitar os desprazamentos salvo casos de imperiosa necesidade.

A Garda Civil de Tráfico mantivo cortada a AP-9 durante as primeiras horas da mañá deste venres entre os quilómetros 16 e 68, isto é practicamente entre A Coruña e Santiago de Compostela, debido á presenza de importantes placas de xeo. O tráfico puido ser restablecido sobre as 11.00 horas.

A AP-9 xa presentou problemas durante a noite pola presenza de placas de xeo formadas polas baixas temperaturas dos últimos días en Galicia.

Ademais, a DXT cortara a A-6 á altura de Culleredo (A Coruña) por neve e placas de xeo. Con todo, Tráfico informou de que preto das 10:00 horas abriuse o carril da A-6 en dirección a Madrid, polo que quedaron ambos os sentidos abertos á circulación.

Sociedade