Notario do século XX

Antonio Fraguas é o protagonista do Dia das Letras Galegas 2019
16 de Maio, 2019 - 02:14 h. | Publicada por Radio Fene

Antonio Fraguas realizou programas radiofónicos semanais en Radio Fene durante os anos 1986 e 1987.

ESCOITA O PODCAST:

Antonio Fraguas chegou a vivir 94 anos. Naceu en Cotobade o dia dos Santos Inocentes de 1905- Faleceu en Compostela en 1999. Así que a súa biografía atravesa todo o século XX. E o atravesa intensamente pois tócanlle de perto as desgracias e as sortes do mesmo. A primeira sorte foi ser mestre, dentro e fora das aulas. Toda a vida adicarase a recoller, gardar, estudar a cultura e lingua que lle eran propias da súa Insuela natal, onde vivían 20 veciños.

Na sua vida, como na de tantos, hai un antes e un despois do golpe de estado do 1936 porque o castigaron privándoo da súa praza de Catedrático. Puido sair adiante dando clases particulares, a pesar de ser anos de humillacións e persecución. Tivo que volver a aprobar as oposicións e no ano 1950 conseguiuno.

Pero a maiores de ser un mestre vocacional, a curiosidade e o traballo incansable de Fraguas levouno a ser etnógrafo, xeógrafo e historiador. O seu legado de amor por Galiza quedou alí onde estén os seus alumnos, pero tamén no Museo do Pobo Galego que dirixiu e ao que doou a súa ampla biblioteca. Antonio Fraguas foi notario da cultura patrimonial galega do século XX.

(Escoita a súa voz na reportaxe realizada en Radio Fene e que utiliza o arquivo sonoro do paso de Antonio Fraguas como colaborador desta emisora, nos anos 1986 e 1987)

(Na imaxe un Fraguas mozo)

Cultura

Publica o teu comentario agora