Noticias falsas

Noticias falsas
26 de Xuño, 2020 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

A rumiación e os bulos. Duas realidades que dan problemas ao ser humano.

ESCOITA O PODCAST:

Falar e falar excesivamente do mesmo problema pode empeorar o problema. O psicólogo José Barcia chámalle “rumiación”. Se non somos capaces de avanzar e seguimos dándolle voltas ao peor dun problema, créanos desazón, incrementa o estrés e deriva nunha fervenza de trastornos. “O conflicto acaba converténdose en tóxico”. Como evitar caer na negatividade desta maneira?  Contesta Barcia que sendo conscientes, coñecéndonos a nós mesmos para poder cambiar o foco de atención. Pon o exemplo de cando no traballo nos atascamos con algo. O mellor é cambiar de tarea, separarnos un pouquiño e xa volveremos.

Hoxe en Vilanova, Barcia refírese tamén aos bulos, ás noticias falsas que, de tanto repetilas, dámoslle credibilidade e visibilidade.

 

(Na imaxe, Andaina de Por+vida Fene 2019)

Sociedade

Publica o teu comentario agora