Nova área dotacional e aparcadoiro

Nova área dotacional e aparcadoiro

24 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, inaugurará este sábado, día 26 de marzo, ás 16.30 horas, a nova área dotacional e aparcadoiro na Avenida da Constitución, un espazo público bautizado como Praza Boqueira de “A Negral”, de acordo coa decisión adoptada no último pleno celebrado pola corporación municipal, e que inclúe servizos como aparcadoiro e novidosas pistas de “skate”

Os novos servizos están ubicados nunha parcela de preto de 9.000 metros cadrados, na confluencia das rúas Constitución e Avellaneda, e consisten en equipamentos públicos como o aparcadoiro para autobuses, que conta con 5 prazas; marquesiñas;  as pistas de “skate”; un espazo ao aire libre que pode aloxar a celebración de festas e outros actos, así como un soto para aparcamento de vehículos con capacidade para algo máis de cen prazas, dotado dos equipamentos correspondentes (vestiarios, aseos, etc.).

Esta actuación, dividida en dúas fases, foi financiada integramente con fondos FEIL 2009 e FEESL 2010, do Goberno Central, e superou os 2,3 millóns de euros.

O deporte ocupa un lugar destacado na xornada inaugural, que está estruturada do seguinte xeito:

13.30 h. Chegada a Boiro (diante da Cachada) do grupo de afeccionados ao  BMX de Cangas, Bueu e Vigo. Encontro cos rapaces de Boiro e Vilagarcía  afeccionados ao “skate”.  

16.00 h. Torneo de tenis: de 16:00 h. ás 20:00 h. 

16.00 h. Grupo de BMX nas pistas deportivas. 

16.00 h. Gimcana ciclista: de 16:00 h. ás 18:00 h 

16.30 h. Comezo do acto institucional. Discursos, descubrimento de placa e percorrido  das autoridades polas instalacións. 

20.00 horas. Remate das actividades deportivas.

Sociedade