Nova adega galega gaña dous premios nacionais de cata

Nova adega galega gaña dous premios nacionais de cata

18 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Novalicor Auria, unha nova empresa de Allariz especializada en augardentes e licores artesanais, acaba de gañar dúas medallas de ouro en dous concursos nacionais de cata. Os licores da marca Devanceiros logran así vencer os primeiros concursos nos que participan menos de seis meses despois de chegar ao mercado.

Devanceiros Orujo de Galicia obtivo medalla de ouro na categoría de “Destilados” na I Cata Extraordinaria organizada pola Aula Internacional de Catadores na recente terceira edición do Salón Vinis Terrae, organizado en Expourense. Ademais, Devanceiros Licor de Herbas fíxose coa medalla de ouro na categoría de augardentes e licores na XVIII Cata Nacional organizada pola emisora especializada Radio Turismo.

Só ingredientes naturais

Trátase dun recoñecemento a dous produtos elaborados só con receitas tradicionais e materias primas naturais da máxima calidade. Os produtos de Novalicor Auria son elaborados nunha adega en Allariz, no corazón da tradición do augardente galego, utilizando rigorosamente métodos tradicionais de destilación.

A receita é sinxela, 100% augardente de bagazo de Galicia, os mellores ingredientes naturais e tempo. Novalicor Auria nunca usa extractos, colorantes ou aditivos.

Augardente de Orujo de Galicia 42% vol.: elaborado con bagazos de variades autóctonas mediante destilación tradicional. Novalicor Auria só utiliza a parte central de cada destilación. Así logra un destilado da mellor calidade, delicado e con todos os aromas. A augardente Devanceiros conta co selo de calidade do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Licor de Herbas 28 % vol.: elaborado de forma tradicional, mediante maceración de 15 variedades de herbas aromáticas e 100% augardente de bagazo. As vainas de vainilla natural, a canela en rama ou o azahar son algunhas das herbas empregadas. Trátase dunha receita exclusiva, de sabor e aroma excepcionais e cunha cor única. E é que a diferenza doutros moitos licores, o Licor de Herbas Devanceiros debe a súa cor ás herbas naturais e non usa extractos ou colorantes industriais.

Licor Café 28 % vol.: elaborado de forma tradicional, mediante maceración de variedades selectas de café arábica, herbas aromáticas e 100% augardente de bagazo. O café é tostado horas antes de engadirse ao augardente, transmitíndolle de forma moi intensa todos os seus aromas.

Sociedade