Nova edición da gala de patinaxe no Pavillón Municipal Castelao

Nova edición da gala de patinaxe no Pavillón Municipal Castelao

06 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes celebra mañá sábado unha nova edición da gala de patinaxe artístico na que haberá exhibicións das escolas deportivas municipais de patinaxe de Ordes, ademais doutras escolas e clubes de municipios veciños.

A gala terá lugar a partir das 12 horas no pavillón municipal Castelao e nela participarán, ademais das escolas municipais ordenses, os grupos dos colexios Campomaior e Castelao, patinadoras e patinadores dos clubes Raiola de Ferrol e Alquimia de Carral, e as escolas de patinaxe dos colexios de Brexo-Lema de Cambre e a escola deportiva municipal do Concello de Carral.

Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a que participen neste evento, que volve a ter ao deporte como protagonista en Ordes.

Deportes