Nova etapa de Arreglos Ana

Arreglos Ana reubicase na Avenida do Tarrio de Fene
02 de Decembro, 2019 - 12:25 h. | Publicada por Radio Fene

"Arreglos Ana" cambia de ubicación sen sair do concello de Fene. Esta mañá a tenda de amaños de roupa abría as súas portas na Avenida do Tarrío nº 1, perto do Centro de Saúde.

ESCOITA O PODCAST:

“Arreglos Ana” trasladase desde Marqués de Figueroa á Avenida do Tarrío nº 1. A razón é ben sinxela, o local quedabase pequeno para o volume de traballo que adquiriu este negocio nos anos que leva aberto. Agora é máis vistosa a entrada, adaptada a persoas con problemas de mobilidade, e moito máis espacioso o lugar de traballo da nosa protagonista. Chamase Ana Piñeiro, é modista desde hai 38 anos e demostrou ter un nariz especial para os negocios cando montou hai seis anos “Arreglos Ana”. Encheu un baleiro, cubriu unha necesidade entre a poboación, o amaño, reciclaxe ou reforma da roupa. Roupa que está nova pero precisa unha adaptación á moda imperante, subirlle a bastilla a un pantalón ou saia, poñer unha cremalleira, meter unha costura, etc, etc.

Non sabemos canto tivo que ver no éxito de “Arreglos Ana” a crise de 2008 pero si podemos deducir que o mundo é mellor cando aproveitamos ou alongamos a vida das cousas. O local Arreglos Ana abríu na nova ubicación esta mesma mañá e alí se achegou Radio Fene para retratar e falar coa protagonista, Ana Piñeiro. Agradecida mostrouse coa súa clientela, agardando que a sigan necesitando nesta nova aventura. Ano novo, vida nova para Arreglos Ana. O horario de apertura seguirá sendo o mesmo; mañáns de 10:00h a 13:30h e tardes de 18:00 a 20:00h. Os sabados de 10:30h a 13:00h.

Sociedade

Publica o teu comentario agora