Nova Galega de Danza fai inventario de éxitos e mira cara o futuro con “Dez”

Nova Galega de Danza fai inventario de éxitos e mira cara o futuro con “Dez”

27 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

"Eis" quere dicir velaí. E velaí están dez anos de traballo proxectando a música e a danza galegas cara un futuro que xa é moi presente. Para as artes escénicas do país a compañía Nova Galega de Danza foi unha revelación de como a tradición pode reformularse como o máis contemporáneo. As vellas formas tomaron novo alento, a tradición fíxose activa e adictiva e

O mellor xeito de celebrar a incesante curiosidade creativa dos primeiros dez anos da NGD é concentrando o mellor de si mesmos. “Dez” ofrece o máis eloxiado da súa traxectoria tamizado por unha nova luz que permite ao espectador captar nunha única montaxe o fío condutor da súa evolución. A súa madurez. A súa identidade.

“Dez” é unha representación de aproximadamente 90 minutos dividida en dous actos. Coa dirección musical a cargo de Pedro Lamas, a proposta do seu director artístico, Jaime Pablo Díaz mais outros 6 bailarines e 7 músicos xunto co equipo técnico, inclúe no programa de man aplaudidas pezas da compañía como “Ser é terra” ou “Introito”.

Logo de dúas noites na Coruña, "Dez" continuará o seu percurso por lugares como Santiago de Compostela, (15 de outubro), Vilagarcía de Arousa, (2 de novembro, Narón (14 de novembro) ou Ourense (21 de decembro). O espectáculo tamén se poderá ver no coñecido Madrid en danza os días 16 e 17 de novembro.

Cultura