Nova oportunidade para ter voz en Madrid

O portavoz municipal do BNG de Fene comparte mitin esta tarde no CCRD de Perlío con Ana Pontón e Néstor Rego
15 de Outubro, 2019 - 10:29 h. | Publicada por Radio Fene

A falta de planificación da Xunta de Galicia é a causante da falta de médicos para cubrir as vacantes nos centros de saúde, afirma o voceiro municipal do BNG que esta tarde estrea precampaña en Perlío coa presencia de Ana Pontón.

ESCOITA O PODCAST:

O voceiro municipal do BNG en Fene, Juventino Trigo declarou a Radio Fene que, se algo ten de positivo para o BNG repetir as eleccións é a nova oportunidade de que Galiza teña unha voz en Madrid. Ana Pontón acude a Fene esta tarde para participar nun acto de precampaña do BNG no CCRD de Perlío. (Na imaxe unha visita da portavoz nacional a Fene en outubro de 2017). Con ela o candidato ao Congreso pola Coruña, Nestor Rego Candamil e os concelleiros, Sandra Permuy e Juventino Trigo.

"Non temos médicos nos centros de saúde porque a Xunta de Galicia carece absolutamente dunha planificación das necesidades e porque tiña aos médicos nunha precariedade laboral que os invitaba a marchar a outros países ou á privada". Contesta desta maneira o portavoz municipal do Bloque á resposta recibida do Xerente da Área sanitaria cando se reuniron hai uns dias con el para demandar que se cubran as prazas vacantes en pediatría e medicina de familia nos centros de saúde de Fene. O mesmo ocorre cos profesores de apoio, afirma Trigo, que non son suficientes para a demanda das escolas. Temos como exemplo A Xunqueira onde as nais tiveron se movilizaron cando empeza o curso e comproban que de dous profesores e medio que tiñan no curso pasado pasan a ter medio este ano.

A perda de subvencións por parte do goberno do PP en Fene é outra alarma que o bloque encendeu no último pleno. Segundo os nacionalistas xa se perderon tres axudas, unha delas da Xunta de Galicia para o Xacobeo. Alégrase Trigo de que se vaia poñer en marcha a revisión do PXOM despois de tanto tempo e habendo tanta necesidade porque, segundo as súas palabras, o actual non responde aos problemas que ten hoxe o concello de Fene. Son estas declaracións de Juventino Trigo no espazo As Foxas de Radio Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora