A nova vaga da emigración

O drama da mocidade emigrante
24 de Novembro, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

A quinta vaga da emigración de Galicia afectaba entre o ano 2000 e o 2015 a uns 380.000 mozos e mozas. Xa non é xente sen preparación que só sabe ler e escribir. Cando menos un de cada dous ten estudos medios ou superiores. Marchan a Inglaterra, Alemania, Países Baixos, Madrid ou Barcelona.

Escola en Cuba. Outubro 2019

Xa que logo, a súa emigración constitúe unha notable perda demográfica para un país no que as actuais xeracións de xente nova son moi pequenas. Hai poucos xoves a causa do impacto combinado de emigracións pasadas, do  remate da transición demográfica e da modernización social acaecida tras 1975. Máis esta nova vaga migratoria de mozos e mozas tamén constitúe unha importantísima e inestimable perda de capital humano, vista a franca cualificación e preparación laboral, que, sen dúbida, lastrará as posibilidades de futuro desenvolvemento económico e social de Galicia. Indícao así o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Isidro Dubert no seu libro publicado por Edicións Xerais “A morte de Galicia”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora