A nova Web da Mancomunidade Terra Chá será o atractivo principal da súa participación na MOEXMU

A nova Web da Mancomunidade Terra Chá será o atractivo principal da súa participación na MOEXMU

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Mancomunidade da Terra Chá formará parte da Moexmu a través dun stand onde amosará o seu plan de promoción dos seus cinco concellos integrantes: Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín e Outeiro de Rei. A súa participación terá lugar no fin de semana do 3 ao 5 de abril en Muimenta, Cospeito, lugar e datas de celebración de esta feira gandeira.

O posto, incluído dentro da zona reservada para a Feira de Artesanía da Moexmu, ofrecerá a posibilidade de poder acceder á súa nova páxina web, gracias a un punto táctil incluído dentro do propio stand. A través de este enlace, o usuario poderá achegarse aos contidos desta nova ferramenta de promoción da Mancomunidade. A web, http://mancomunidadeterracha.com/galego/home2.html, estará dispoñible para o uso de tódolos internautas a partires do 3 de abril.

Outra das accións de fomento dos municipios integrantes de esta institución será a distribución de folletos e regalos promocionais sobre os diversos aspectos naturais e culturais dos seus membros. A Mancomunidade pretende así ofrecer un espazo aberto a todo o mundo que queira achegarse a coñecer a Terra Chá e os seus servizos.

Outras feiras

Pero a acción promocional da Mancomunidade non rematará coa Moexmu, senón que esta organización municipal pretende acudir, asimesmo, á Festa da Maquinaria, que se celebrará o 25 e o 26 de abril, e á Festa da Filloa, o 1 de maio, ambas en Cospeito.

Sociedade