Novas estratexias de transporte para o Eixo Atlántico

Novas estratexias de transporte para o Eixo Atlántico

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Acadar en Europa un sistema de transportes sostible baseado nos principios de intermodalidade, reequilibrio entre os distintos modos de transporte e contribución á redución da contaminación e do impacto ambiental, son algúns dos aspectos da política desenvolvida polo Eixo Atlántico e que se materializaron no estudo “Extratexia de Transporte da Eurorexión”. O documento que segue as recomendacións do Libro Branco do Transporte elabo

O documento que se dará a coñecer mañá ofrece un estudo que anticipa fluxos mediante unha planificación integral do territorio, que ten presentes as externalidades e expon alternativas de conectividade, especialmente nas áreas urbanas e periurbanas e nas zonas de baixa densidade do interior mediante diferentes sistemas de transporte combinados coa vista posta en acadar unha cadea de transporte que sexa  máis eficaz, económica e sostible. Así mesmo, pretende que se introduza a variable da eficiencia enerxética e a loita por retardar o cambio climático.
Finalmente, a Estratexia de Transporte do Eixo Atlántico aposta pola accesibilidade e a mobilidade para toda a cidadanía pensando, moi especialmente, nas persoas con alguna discapacidade. En resumo, aposta pola mellora da calidade de vida dos cidadáns da Eurorrexión. O denominado Eixo Atlántico está integrado na actualidade por 34 municipios galegos e portugueses.

O encontro enmárcase dentro da celebración do Seminario de Outono titulado “A estratexia de transportes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, presidirá o acto no que participarán expertos en materia de Turismo, Mobilidade e Transporte da Eurorrexión. Contará coa presencia  do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o presidente da Comisión delegada de Planeamento e Transportes, Román Rodríguez. Estarán tamén en Ferrol os redactores do documento, Luis Domínguez, Joao Marrana e Paulo Pires. Xunto a eles participarán neste encontro o director xeral de Mobilidade, Miguel Bugarín; Abel Losada (Universidade de Vigo), Américo Pires da Costa (Universidade do Porto), Pedro Silva e Xulio Pardellas (Universidade de Vigo), entre outros.

Dende o Concello de Ferrol salientase o feito de que, nos últimos meses, Ferrol se convertira en epicentro dos debates en temas de grande trascendencia para a cidade relacionados cos transportes, comunicacións e turismo, sectores claves para avanzar na diversificación económica. A última destas reunións en Ferrol tivo lugar no pasado mes de xullo e nela abordouse a posta en marcha dunha oferta de promoción turística conxunta da Eurorrexión como destino único.

Institucional