Novas técnicas quirúrxicas daránse a coñecer na II Edición do Seminario de Cirurxía Bovina

Novas técnicas quirúrxicas daránse a coñecer na II Edición do Seminario de Cirurxía Bovina

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A II Edición do Seminario de Cirurxía Bovina comeza este venres 11 de setembro. A Asociación de Veterinarios de Ferrol, Eume y Ortegal organiza este seminario que se pechará o 13 de setembro e no que haberá exposicións técnicas e actividades prácticas en FIMO.

Veterinarios profesionais en exercicio, recibirán formación durante estes tres días en técnicas novas de cirurxía que no adoitan ser habituales na clínica diaria e que resultan moi útiles para a resolución de situacións críticas. Tamén se repasará a preparación do campo quirúrxico e anestesias de maior incidencia na clínica de tenreiros e bovino.

As sesións teórico-prácticas serán impartidas por diversos profesores e profesionais do sector como Francisco Breijo Devesa, titular da Clínica Veterinaria Cantón.

A inauguración terá lugar no auditorio de FIMO o venres ás 8:30 do serán e estará presidida polo delegado provincial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo.

Cultura