Novela gráfica con mensaxe

Novela gráfica con mensaxe
20 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Unha crítica ao capitalismo salvaxe”. Nun futuro próximo desenvólvese a novela gráfica “Frontier”, obra de éxito que nos presentou Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

“Conta as aventuras e desventuras dunha científica idealista no espazo, nun futuro próximo”. Os humanos conquistamos o espazo e semella que trasladamos aí os mesmos males que creamos na terra. “Frontier” é unha novela gráfica para adultos que gañou varios premios. “Cun debuxo moi bonito”. No mundo dos xogos de mesa, a novidade chámase “Dungeon Fighter”. Un xogo cooperativo, no que se pon a proba a habilidade. Consiste na exploración dunha mazmorra poboada de monstros que se descobren levantando cartas e aos que o xogador se enfronta tirando un dado. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora