As novelas da memoria en Ferrol

As novelas da memoria en Ferrol

23 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A literatura conserva un tono íntimo e máis emoción. Así opina o profesor norteamericano John Thompson que estudou as novelas que versan sobre a guerra civil en Galicia. Coa lectura desas obras atopou unha fonte da memoria, con vivencias máis reais que as dos libros de historia.

John Thompson presenta o seu libro “As novelas da memoria” (Editorial Galaxia) na Galeria Sargadelos de Ferrol o vindeiro martes. Organiza o acto a asociación cultural Fuco Buxán. Intervirán o autor, o escritor Xosé Manuel Sarille (autor de Polos fillos dos fillos) e o secretario da entidade organizadora Manuel Cendán.

Sociedade