Novo éxito para o piloto fenés Édgar Vigo

Édgar Vigo estréase con pódium na Copa de España de Rallycross
13 de Xuño, 2022 - 07:34 h. | Publicada por Radio Fene

O piloto da Escudería Scratch Fene, Édgar Vigo estreouse con pódium na nova Copa de España de Rallycross. Dirixido esta vez dende o paddok por Fátima Ameneiro, o piloto fenés obtivo o segundo posto no Circuito tarraconense de Calafat.

ESCOITA O PODCAST:

Édgar partía sobre o papel como o piloto menos experimentado nos coches N5 pero demostrou una enorme adaptación que o levou a un meritorio segundo posto despois das tres mangas de cualificación. “Este campionato era algo completamente novidoso a nivel estatal. Estamos moi satisfeitos porque se trataba doutro fito que puxemos no noso listón e que puidemos superar novamente”.

Deportes

Publica o teu comentario agora