Novo desafiuzamento dun piso de Caranza en Ferrol

Novo desafiuzamento dun piso de Caranza en Ferrol

24 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O próximo venres día 28 unha parella veciña de Caranza- Ferrol-  Pilar e Manuel (68 e 64 anos de idade), que leva vivindo máis de 35 anos no barrio,  vai ser desafiuzada da súa vivenda, despois de sufrir unha suposta estafa por parte do BBVA. Así o considera a Rede de apoio mútuo de Ferrol Terra que chama á solidaridade con estes veciños. Convocan concentracións mañán martes 25 diante do banco na Praza do Calla

Unha filla desta parella e o seu marido pediron un crédito hipotecario para unha vivenda.Dentro do primeiro ano de vida do credito o marido faleceu, e a aseguradora non executou o seguro de vida vinculado ao préstamo. Entón o BBVA ante o temor de non cobrar  “obrigou” á filla a presentar uns avalistas. Esta levou aos seus pais para avalar eses cartos coa vivenda familiar destes.

Cando eles entraron no BBVA para facer de avalistas para o crédito da filla saíron do banco como si eles fosen os prestatarios, como si eles foran os que recibiron eses cartos. Ningún dos dous apenas sabe ler, motivo polo que para o BBVA foi, segundo denuncia, realmente fácil facer esta estafa. Manuel é un señor enfermo que depende de oxíxeno para respirar, e a muller tamén ten graves problemas de saúde. Quedar sen vivenda e botalos á rúa coa súa idade e cos problemas de saúde que teñen, sería condena-los á pobreza absoluta e a súa exclusión social.

A Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, conformada pola Comunidade Veciñal da Torre-I, veciñas e veciños, sindicalistas, asociacións culturais e sociais do barrio, varios partidos políticos, convocan unha concentración solidaria mañán martes, 25 de setembro, ás 11 da mañá diante da sede principal do BBVA na Praza do Callao en Ferrol.
E o venres, 28 de Setembro, o dia do desaucio, outra concentración, ás 11 da mañá en Caranza, nas Rosas. Na praza que hai diante da Torre-I, Portal 9, da Rúa Alcalde Quintanilla.

Sociedade