Novo paso elevado

Novo paso elevado
28 de Setembro, 2019 - 08:47 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene impulsará a construción dun novo paso elevado en Perlío entre a rúa da Torre e a avenida Marqués de Figueroa. O alcalde de Fene Gumersindo Galego recibiu esta semana a representantes de ADIF (a empresa pública que xestionar as infraestructuras ferroviarias) e comprometéronse a avanzar para esa instalación que facilitaría a comunicación entre dúas zonas urbanas que agora separa a vía do tren. 

O paso permitirá pasar sen risco por riba da vía do ferrocarril, dado que na actualidade a cidadanía cruza por unha zona non permitida poñendo en risco a súa seguridade. O paso elevado era unha das intervencións previstas nun convenio asinado por ADIFe o Concello de Fene en 2010. Agora intentaráse reactivar e a primeira actuación será unha reunión cos propietarios da parcela necesaria para colocar parte do paso elevado, segundo sinalou Gumersindo Galego. 

Institucional

Publica o teu comentario agora