ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un peculiar desafío levou a cabo Xosé Seco ao cumprir os setenta e cinco anos. Percorreu en bicicleta cento cincuenta e dous quilómetros, dous por cada ano cumprido. Desprazouse de Fene a Abadín e emprendeu logo o camiño de volta.
Xosé Seco, veterano montañeiro, continua facendo uns cincuenta quilómetros na bicicleta cada dous ou tres dias. Ademais practica exercicios físicos diariamente na súa casa. E todas as semanas realiza unha camiñada en Fene. O vindeiro sábado participará na andaina nocturna organizada pola Sociedade Agarimo de Sillobre, por exemplo.
Ademais da súa actividade montañeira, Xosé Seco é coñecido en Fene, dado que rexentou o bar Os Montañeiros de 1982 ao 2003. Antes entrara como aprendiz en Astano en 1958.
Publica o teu comentario agora