Novos vagóns de Maria Fumaça chegan a Vigo

Novos vagóns de Maria Fumaça chegan a Vigo

21 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A música revélase como unha ferramenta de gran utilidade á hora de achegar a rapazada ao idioma galego. Lograo con éxito María Fumaça, agora coa súa nova versión "Xiqui Xoque Fiu Fiu". Uxía capitanea unha nave chea de solidaridade coa diferencia pero tamén de alegría. A versión completa do espectáculo chega este luns ao Auditorio Mar de Vigo.

María Fumaça chega de estrea total ó Auditorio Mar de Vigo, para presentar a súa nova viaxe, “Xiqui Xoque Fíu Fíu”, no que participan artistas como Uxía, o grupo de títeres Tanxarina, Carlos Blanco e un montón de grandes músicos, actores e actrices. Despois do enorme éxito que tivo na primeira entrega, María Fumaça chega con novas cancións, novo disco e nova viaxe, pero sempre traendo esa gran festa de participación colectiva que transmiten os máis de vinte artistas que chegan a xuntarse no escenario. É unha alegría que contaxia a todos os cativos que coñecen case todas as cancións e onde non faltarán todos os éxitos do primeiro disco. Nesta ocasión o seu prota, o maquinista Rui, guiará a locomotora por un fermosísimo musical que nos descubre valores como a solidariedade, a alegría, a comprensión e a normalización funcional. María Fumaça ten a virtude de transmitir uns valores didácticos que os cativos reciben envoltos nun ambiente de festa contínua. ¿Queres viaxar á estación da alegría e ó país da festa multicor? Pois sube no tren de María Fumaça e déixate guiar polo noso mellor maquinista!

Sociedade