Nueva Vulcano e The Homens de xira por Galicia

Nueva Vulcano e The Homens de xira por Galicia

02 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Nueva Vulcano e The Homens sumarán forzas a próxima fin de semana nunha serie de concertos por Galicia. Os cataláns presentan o seu último disco, "Los peces de colores", e os galegos fan o propio coa súa "Cuarta potencia". Estarán o xoves na sala Moon de Santiago DC e o venres na Mardi Gras da Coruña. Nueva Vulcano seguen camiño o sábado actuando con The Fingers en La Iguana Club, en Vigo.  

Nueva Vulcano son un fenómeno de culto para moitos. Agora presentan o seu terceiro disco, Los peces de colores (BCore, 2009), despois de "Principal primera" e do impresionante "Entrópico", que os mantivo durante catro anos nos escenarios. Nesta ocasión, Artur Estrada canta máis alto e máis claro que nunca, e as súas incribles letras saen a relucir, apoiadas por esa guitarra sucia e a veces tímida, polo baixo monumental de Wences Aparicio e pola batería contundente de Albert Guàrdia.

Pola súa parte, os composteláns The Homens presentan o seu cuarto traballo, "Cuarta potencia", melodía a volumen atronador, inocencia pop e nihilismo negro. Un disco que mostra á banda preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca.

Os concertos son os seguintes: 

Nueva Vulcano + The HomensXOV 04 MAR, 22.30 h. 8/10€Sala Moon, Santiago DC

Nueva Vulcano + The HomensVEN 05 MAR, 22.00 h. 10/12€Sala Mardi Gras, A Coruña

Nueva Vulcano + The FingersSÁB 06 MAR, 22.00 h. 8/10€ La Iguana Club Vigo

Sociedade